O After Hours de Sarah Vaughan


´
Ás dúas e media da mañá dunha noite de 1958, Sarah Vaughan comezou a cantar na London House, un mítico clube after hours de Chicago. A audiencia compúñase dunha selecta recua de profesionais da noite -relacións públicas, gardacostas, buscavidas, músicos e outras razas- e Sarah chegaba cansa tras outras dúas actuacións previas. Pero cantou. E vaia se cantou. Fixo un percorrido inusual polo seu repertorio de negra de soul, suado nos afumegados ambientes dos garitos da costa oeste. A voz de Sarah, quente por actuacións precedentes, recréase nas súas máis queridas cancións, preciosidades como My favourite things, e só flaquea extenuada ao final do repertorio. No directo escóitase os ocos de espazo e o ambiente espeso nas palmadas dos aplausos. E a nós quedounos After Hours at London House.

Un comentario

  1. eu
    12 / Xullo/ 2006

    A min tamén me gusta moito!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *