EnBlogs’06

enblogs

O Consello da Cultura Galega quere abrir as súas portas ao debate, a reflexión e o intercambio entre os membros da comunidade blogueira galega e portuguesa e a todos os interesados nos novos fenómenos de comunicación en Internet coa convocatoria do EnBlogs’06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal. O EnBlogs’06 quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.

O EnBlogs’06 é unha xuntanza dun día de duración. Celebrarase en Santiago de Compostela, na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi, o 19 de abril de 2006.

Pola mañá, diferentes expertos debaten sobre as cuestións globais que afectan aos blogs e aos movementos sociais na rede. Pola tarde, 10 blogueiros contan en primeira persoa as súas experiencias de creación.

Aquí está o programa. A inscrición é gratuíta e pode realizarse electronicamente aquí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *