Capote

Tíñalle medo a Capote. Xa teño visto demasiados biopics americanos que seguen a mesma estratexia: facerte simpatizar co personaxe e despois presentarche os seus defectos, que son perdonados pola xenialidade que o protagonista parece amosar. Vale, está cheo de defectos, pero é un xenio incríbel, fante pensar. Así acontece, por exemplo, coa figura de Howard Hugues no Aviador de Scorsese.

Pero atención, porque en Capote, o biopic que narra a vida do xornalista e escritor neoiorquino o tono é moi contrario: o escritor, interpretado nun durísimo papel por Philip Seymour Hoffman, provoca aversión dende o primeiro momento. A película profundiza na contradición do artista: incapaz de mirar alén de si mesmo, pero rodeado de persoas que o queren e o miman, mesmo que confían nel. Nesta peli xógase á confusión dende o primeiro momento. Por exemplo, nos códigos de Hollywood, o choro desgarrado por un condenado a morte interprétase como unha clave de compaixón pola vítima que amosa a profundidade do sentimento do carpideiro. Pero en Capote, as bágoas do escritor mentireiro, que prolonga a vida dos condenados coma se foran hamster de laboratorio ata extorsionarlles o que lles queda de pasado, é unha volta máis nas contradicións internas dun vástago do abandono filial. Un bo clásico.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *