Horacio perde o tempo coa Maga polas rúas de París. E de cando en vez, coa xente do Clube da Serpe, senta nas alfombras dos pisos da bohemia de postguerra mentres escoitan discos nunha londinense atmósfera de tabaco negra. Así é Rayuela, a obra máis coñecida de Cortázar e clave para coñecer a súa literatura. Pilar Peyrats editou no ano 2001 un disco singular: Jazzuela. Unha recompilación de temas de jazz de Duke Ellington, Louis Armstrong, Coleman Hawkins, Bessie Smith… que aparecen na novela de Cortázar ou inspiraron partes decisivas da novela e que permiten interpretar doutro xeito algunhas partes do texto. Unha pequena xoia que me chegou das mans de Sole.

Sé o primeiro en comentar