Clarín aproxímase aos blogs

O xornal arxentino Clarín onte:

…e o xornal arxentino Clarín hoxe:

Redeseñado por Ernesto Rinaldi, do estudio 451.com -autor de webs para Visa ou Volkswagen- o novo deseño de Clarín segue as tendencias actuais de simplificación gráfica e formal:

-Reduce de tres columnas (máis unha de publicidade) a dúas columnas (coa mesma de publicidade)

-Libera contido de portada ao crear un sistema de solapas superiores.

-Elimina as diferenciacións de cor nas columnas de información e a de outros contidos.

-…e o cambio máis importante: desaparece a xerarquía das noticias en portada. É dicir, xa non está arriba a noticia que a redacción considera máis relevante, senón a última publicada. Deste xeito, Clarín apróximase ao estilo de presentación visual dos blogs, que se ordenan case sempre por orde de publicación. A simplificación absoluta da cabeceira de titulación, eliminando antetítulos, subtítulos e reducíndoa á combinatoria de titular máis entradiña máis imaxe opcional tamén emula o deseño típico das grellas de weblogging.

O cambio, para os xornalistas, non é menor: en clarin.com deixan de organizar a portada en función da relevancia que a redacción lle asigne aos feitos da actualidade. A partir de agora, o único criterio de ordenación é o temporal. O xornalista reduce, pois, o seu papel de configurador da opinión pública e os filtros, moi limitados, redúcense á selección inicial da información.

¿Mímese?¿Préstamo?¿Converxencia?¿Bo ou malo?

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *