Un abecedario é unha filosofía, un comportamento de vida estético, é dicir: un ‘a’ de Bodoni non é un ‘a’ de Morris nin un ‘a’ de Gill porque expresa unha emotividade diferente. Expresa un estado de ánimo e unha filosofía distinta. Por iso, a maioría dos creativos, dos deseñadores, en canto o tema tipográfico din “pois eu utilizo esta porque me gusta moito” ou “que bonita é esta letra”. A palabra “bonito” debería estar desterrada. Unha cousa pode ser útil, ter forza, débil, amorosa, agresiva, sanguinaria… pero a palabra “bonito” non di nada. A maioría dos deseñadores non teñen nin idea de tipografía porque non hai unha educación tipográfica, non hai unha educación caligráfica, non funciona o ADN.
A excelente entrevista que lle realiza Óscar Otero ao tipógrafo vigués Carlos Núñez

Sé o primeiro en comentar