Definir a un castelo como de alta tecnoloxía non encaixa cos tópicos habituais do turismo cultural, a non ser que sexas escritor sen demasiados escrúpulos literarios. Pero iso é exactamente Loarre, ao norte de Osca, en Aragón. Aínda que posiblemente a fortaleza sexa moi anterior, foi o rei navarro Sancho Ramírez quen o converteu nun complexo relixioso – militar que facía de marca fronte a fortaleza moura de Bolea, a poucos quilómetros, e coa que establecía contacto visual. Loarre foi o castelo máis avanzado do seu tempo na Península, no século XI. Construído entre dúas penedías rochosas moi elevadas, o castelo foi ascendendo a través dunha superposición vertixinosa de bóvedas e arcos que distribuían e compensaban o peso de capelas, igrexas, estancias, pasos de ronda e torres, que medraban como rañaceos penedos arriba. Posteriormente, Ridley Scott gravaría alí algunhas escenas de O reino dos ceos. Por suposto, non hai ningún tipo de mención ao feito en ningures do recinto. Como en Stirling, Escocia, en relación a Braveheart. Ha.

Ese castelo sempre me gustou e topei unha paxina dos amigos do castelo e tenhen fotos de cando rodaron a pelicula ali. Eu topei a paxina de casualidade, buscando como construir horreos. A paxina tivo problemas porque estaba aberta antes de sair a pelicula e non lle interesaba a productora da pelicula.
Aqui che deixo a ligazon a paxina dos decorados. Unha magoa pero xa non exinten.
http://www.castillodeloarre.org/amigos/006-Imagenes-0010Scott-Index.htm

Saudos de Acedre.
Grazas pola ligazón! O certo é que busquei ao carón do castelo a reconstrución do poboado que aparece na película, pero xa non quedaba nin rastro… Honestamente, eu mantería un par de chabolos dos da película: sería un bo entretemento e permitiría á xente comprobar as diferenzas entre a versión final dun filme e a realidade da gravación.
¿Queres facer un horreo nos EEUU? Topaches información?
Ha, ha, ha. Non. Gustame o tema dos horreos e e unha lideira que tenho. Aqui antes habia horreos e ben xeitosos. Deixoche unha ligazon a un post meu para que comprobes.
http://eueoseeuu.blogspot.com/2005/10/cornshed-de-macon-warren-county-nc.html