Un Punset galego

Última actualización o 4 / Marzo/ 2006

Confeso que sinto envexa de Eduard Punset, este vello humanista. Non é nada difícil: este vello sabio viste currículo de dimensións xenealóxicas -avogado, economista do FMI para América Latina, profesor, ministro dos primeiros gobernos da Transición española, divulgador científico-. Punset tivo a habilidade de estar nos momentos clave, coas persoas clave, nos lugares decisivos, e esta capacidade ten detrás unha lección fundamental: para vivir a realidade en primeiro plano, nin a sorte, nin mesmo o nacemento nun berce privilexiado son relevantes. A clave está na curiosidade continua. E en manexala e potenciala con habilidade esvaradiza e diplomática. Sinto nostalxia de non termos un Punset galego.

O sabio é máis vello que na televisión, máis baixo, de falar enlentecido e canso e, dende logo, de maneiras e apariencias moito menos cándidas que o aceno cortés das entrevistas catódicas a Nóbeis. Escúlcate cuns ollos pequenos, un craneo vertical que o pelo gris disparado aínda potencia. Pensa moi rápido.

-Rapaz -dime cun ton imperativo, de senador – eu aínda leo absolutamente todo.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *