Pablo Boczkowski

Guillermo Culell, xerente de clarin.com, entrevista a Pablo Boczkowski, sociólogo, profesor da Northwestern University e autor dun notábel libro sobre xornalismo dixital e a penetración tecnolóxica nas redaccións, Digitizing the news: innovation in online newspapers (MIT Press, 2004)

Boczkowski: Os primeiros sociólogos que estudaron as organizacións de medios de comunicación nos anos 50 compararon moi rapidamente a estrutura destas entidades coa estrutura militar. Eran organizacións xerárquicas, piramidais, e sen a penas tecnoloxía.

Os medios actuais obrigaron a orientar o produto en función de certa percepción sobre que é o que quere o público. A Academia norteamericana de Ciencias organizou unha xuntanza entre científicos e medios para tratar sobre a percepción social. A editora do NYTimes enterouse de que o departamento de marketing tiña datos moi precisos sobre os intereses, usos e consumos dos usuarios do xornal. Solicitou eses datos e negáronselles: os responsábeis tiñan medo de que ese coñecemento por parte dos xornalistas influíra ou variara a liña editorial do xornal. Hoxe, iso, sería impensábel.

A axenda dos medios constrúese de xeito colectivo e aberto.

Culell: ¿Segue sendo a publicidade o motor económico dos medios do futuro?
B.: O cambio de escala é fundamental. A industria de medios nas sociedades desenvolvidas medrou en parte nos 50 e 60 debido a que tiña unha alta tasa de retorno e un enorme volume. As empresas de medios tiñan unha gran parte do tráfico de información na sociedade. O cambio drástico no volume xenera unha reducción de recursos que, ao mesmo tempo, limita a capacidade de proporcionar información.

A tecnoloxía pode determinar hoxe en día mesmo a taxa de rentabilidade de cada produtor de contido e podería empregar non só esa información non só para modificar a liña editorial senón tamén para compensar financeiramente aos máis exitosos. Podería ser que cada vez isto se comece a usar cada vez máis.

C: ¿Imos entón cara unha cultura máis industrial dos medios?
B: Máis ben, cara unha cultura máis indidividualista. A experiencia de consumo é moi particular e, polo tanto, as empresas de medios poden converterse en conxuntos de emprendedores.

C.:¿Cres que o concepto marca ten futuro na rede?
B: Moito. Cando o valor da credibilidade da información decrece, o valor da marca fiábel aumenta.

C: ¿Como era o consumo de información nos 90 e como imaxinas que será no futuro?
B: Cambiou moito. Nos 90 a maior parte da info noticiosa dos medios consumíase en momentos clave do día. Indo para o traballo, á noite. Ese consumo estaba asociado a distintos contidos e a distintos medios. Hoxe en día unha gran parte do consumo faise ao longo do día e mentres se traballa. Como eu xa sei ás tres da tarde cales son as noticias que pasaron, isto en parte afecta á información que eu quero consumir á noite. E iso afecta tamén á división de tarefas dos distintos medios.

3 Comentarios

  1. Anónimo
    2 / Marzo/ 2006

    Juan Castro di:

    Pero ti de onde sacas o tempo???

    Iba a comentarche, pero mellor espero q acabes co subidón de cafeina e xa che fago un megacomentario con todalas opinions…

    (ou fago un blog especifico para comentarche, porque a este paso…)

  2. 2 / Marzo/ 2006

    XDD

    basicamente, mentres escoito o que din. Isto é unha retransmisión…!

  3. Anónimo
    2 / Marzo/ 2006

    Faltanche os cascos d butanito e comezar a falar do “Imperio deeeeeeel monopooooolio”

    xDD

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *