
Fonte: Estudo da Inserción Laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2001-2003. ACSUG.
De Xosé Pereira:
Xa sei que vostedes son coñecedores de ducias de iniciativas públicas para mellorar este desequilibrio entre a formación universitaria e os postos de traballo. Existen non sei xa cantas iniciativas coma o INEM, o Servizo Galego de Colocación, o Sistema de Información Xuvenil e as propias universidades que ofertan non sei cantas posibilidades de traballo en forma de bolsa, contratos FEUGA, ou calquera outra variante desas que buscan desesperadamente distanciarse o máis posible dun contrato normal e corrente. Efectivamente, un que anda nestas lides, cada día descubre as fórmulas máis peregrinas para evitar dicir a palabra “contrato normal”.
Pero os datos empéñense de novo en contradicir esta “modernidade” da administración.
O propio estudo do que estamos a falar é demoledor cando compara o grao de uso e o grao de efectividade das vías de busca de emprego. Nel afírmase que os sistemas públicos de busca de emprego están entre os que menos eficacia teñen xunto coas ETT e o autoemprego. Pero, ¿saben cal é o sistema de máis éxito para atopar emprego entre os mozos universitarios? Os familiares e as amizades.
Observa que no gráfico que se amosa aquí referímonos a carreiras técnicas, as que teñen ‘supostamente’ o mercado máis aberto. Os casos das carreiras experimentais, sociais e humanidades son practicamente similares.
Xosé Pereira mantén unha columna semanal sobre formación universitaria no Diario de Pontevedra.

Sé o primeiro en comentar