A risco de que me torturen algúns amigos, teño que dicir que me gustan moito máis os albariños do Rosal e da fronteira galego portuguesa que os do Salnés. E un dos mellores que teño probado ultimamente, pero con moita diferencia, é este excelente Señorío de Sobral, feito nunha vella casa grande do XV en Salvaterra de Miño, varudo de corpo e cheo de aromas a mil flores.

Estou dacordo, a min tamén me gusta especialmente ese albariño.
xurxo