lémbrate de comprar os billetes a Salzburgo cando vaias ao Lidl

Lembro ese irado artigo de Juan Manuel de Prada contra as compañías aéreas de baixo custe. O problema, para De Prada, é que a aviación era “o último reduto de glamour que nos quedaba á clase media”, co cal daba a entender de forma suave que lle parecía moi ben que as clases sociais se construíran de exclusións. Como eu non estou especialmente interesado no glamour, e menos do excluínte, non podo menos que encantarme co novo produto liña Lidl que sae o mercado, o voo internacional a 29 euros, todo incluído e sen falsas propagandas.

Pois si, a partir do 1 de marzo, os billetes de avión serán un artigo do Lidl, que chegou a un acordo con Air Berlin (que tamén ten base en Santiago). A través da compra dun boleto no que hai que rañar para sacar o código, un obtén un dereito de reserva de billete nunha lista de ofertas que Air Berlin renova diariamente. Levar os billetes de avión ás estanterías do supermercado é unha consecuencia lóxica das agresivas políticas comerciais das compañías de baixo custe e supón o final de toda unha serie de símbolos do noso imaxinario social. A graza está en que ningún experto foi quen de prever, hai dez anos, este efecto colateral da globalización.

2 Comentarios

  1. Anónimo
    22 / Febreiro/ 2006

    O avión é un dos medios de transporte con menos glamour. Non hai moita diferencia entre un avión e un autobús de liña… agás as aza… auxiliares de voo.

  2. Anónimo
    22 / Febreiro/ 2006

    O avión é un dos medios de transporte con menos glamour. Non hai moita diferencia entre un avión e un autobús de liña… agás as aza… auxiliares de voo.

    ifrit
    http://cinemafriki.bitacoras.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *