Durante o século XIX e XX dous sufixos significaron a vontade dos creadores por romper a barreira dimensional na narración de historias, o -rama e o -scope. Deles non quedou case nada pero non se poderían entender moitas das tecnoloxías do audiovisual, da informática e do cine sen estes primeiros intentos de simulación tridimensional.
Na Exposición Universal de París do ano 1900 presentouse o Mareorama: un enxeñoso dispositivo que simulaba unha viaxe mariña de Niza a Constantinopla vía Venecia sobre un trasatlántico a vapor. A Guide to the Paris Expo (1900) explicaba como funcionaba:
“Immense canvases unroll slowly, steadily, and noiselessly before their eyes, and the rise and fall of the boat, together with the shifting scenes, complete the illusion that one is really on board a steamer, cruising in front of some well-known seaport cities of the Mediterranean.”
Vía Tinselman < Boing Boing

Todo esta inventando. Eu que pensaba que os simuladores das festas eran unha cousa recente…
Un saudo de Acedre.