A patrulla da montaña

Kekexili, traducida ao español como La Patrulla de la Montaña, dirixida polo realizador Chuan Lu, conta a historia dunha patrulla de montaña capitaneada por un ex soldado, que se dedica a perseguir aos cazadores furtivos que están a arrasar as mandas de antílopes tibetanos da chaira de Kekexili, un inhóspito e inmenso deserto chairego no medio da rexión do Tíbet. Son voluntarios, pobres, perdidos no medio da inmensidade e sen un futuro alén da persecución dos furtivos. A historia, cargada de dozura, pero tamén dunha extrema crueza, é unha sucesión de escollas entre a vida e a morte, entre a tranquilidade da casa e unha vida épica e contrarreloxo. A fotografía, hipnótica, emprégase como argumento narrativo, porque nesta película, as condicións climáticas e as montañas son determinantes na historia. Non a perdades. En Santiago, podédela atopar en Estévez.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *