O restaurante Los Robles, en Santiago, celebra mañá o Día de San Valentín cunha cea para as parellas que casaron no establecemento o ano pasado na que sortearán unha viaxe.
Anúnciano na radio. De fondo escóitase de fondo a música de Coti:
–Nada de esto fue un error.

CheXire di:
¿Poderán optar tamén as parellas que xa se divorciaron?
Na versión do anuncio que eu escoitei dicían que podían optar ó sorteo tódalas parellas que casaron nos Robles dende a apertura do restaurante hai 10 anos, e unha década xa da para un par de divorcios…