No peto de ánimas da aldea da Graña, nos chans da serra do Barbanza, os santos non miran para os camiñantes se o tempo non dá permiso. Aquí aplícase unha peculiar tecnoloxía de I+D. Porque no peto da Graña, os parroquiáns orientan os santos en función de onde queren que veña a chuvia. Neste tempo de seca, as nubes deberían vir do sur. Por iso, como vedes na foto, as estatuas miran para un lado. Parece que nalgures lles fixeron caso. Se non, disporían de remedios máis expeditivos. Sacalos en procesión ata o minúsculo regato que pasa preto, lavarlles a cara para que recuperen a visión sobre o contorno e traian, de novo, a cada vez máis necesaria auga.

Sé o primeiro en comentar