calcedoni

xpereira fálame de Calcedoni.

Calcedoni é unha destas ideas xeniais, doadas e sinxelas das que un sinte pura envexa de país. Sinxela, directa e brillante. Explotando os recursos naturais coa pura axuda da avangarda. Unindo esforzos dende as máis diferentes disciplinas.

A familia Civit-Andreu, da comarca da Conca de Barberá, ten un castelo, fincas e viños. Chegou a un acordo con Ferrán Adriá e o seu socio, o sumiller Juli Soler, para que apadrinaran un proxecto. Por 60 euros ao mes, faste propietario de vinte cepas da viña con dereito a 42 botellas do teu viño personalizado (repara en que sería unha por semana ao ano), tes dereito a disfrutar das instalacións do castelo para os teus actos sociais e participas en actos gastronómicos e comidas feitas por Ferrán Adriá, así como en videoconferencias con cursos do chef, de quen te convirtes en “socio”. Ao mesmo tempo, controlas con cámaras web a evolución do viñedo. Todo nun contexto de fortísimo investimento en I+D.

Este ‘enoloxismo popular’ (parafraseando a Margaret Thatcher) acábame de deixar pasmado. Por favor, que alguén na industria galega do viño colla un bloc e tome nota!

3 Comments

  1. Anónimo
    4 / Febreiro/ 2006

    Isto e como o conto ese de adoptar cabras ou ovellas en italia que pagabas a mantida do animal e dabanche en troques queixos delas.
    E unha opcion posible e mui boa que se pode aplicar en Galicia.
    Un saudo de Acedre.

  2. Anónimo
    4 / Febreiro/ 2006

    Isto e como o conto ese de adoptar cabras ou ovellas en italia que pagabas a mantida do animal e dabanche en troques queixos delas.
    E unha opcion posible e mui boa que se pode aplicar en Galicia.
    Un saudo de Acedre.

  3. 6 / Febreiro/ 2006

    …que tamén existe en Galicia, por certo! Eu téñoo escoitado con porcos…

    Teño a sensación de que o sector dos viños en Galicia, que despegou con forza a finais dos 80, ficou cravado en determinado modelo e de aí non se move case ninguén… E iso que temos potencial e a bastante xente traballando en temas de I+D enolóxico…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *