Poucos compostelanitas de adopción (e nacemento) se aventuran máis alá do Sar: subindo por esa costa abandónase Santiago e éntranse nuns montes despoboados do concello de Boqueixón. Tralas terras altas sucédese unha paisaxe regular de veigas pechadas, outeiros e casas a medio camiño entre a labranza, a segunda residencia e o rururbano galego. Seguindo pola estrada chégase ata Forte, a Sergude, beiréase a cara de sombra do Pico Sacro, estes días fría coma un iceberg. No Campo de San Bieito, ao pouco de saírmos de Santiago, está un deses tesouros doutro momento: a Taberna do Portugués, antigo lugar de recollida de tratantes que ían á feira da capeliña do carón. Na taberna do portugués aínda se sirve viño do ano en cunca e pipote, as mesas son de vella madeira redonda, a empanada é xenerosa e os cazadores deixan adobar durante días a carne do porco bravo.

Subindo o escalón de salgueiriños, fronteira entre os vales compostelans e as chairas da sionlla, terra brava e fria reino dos bidueiros, e seguindo ata sigueiro, dempois no cruce a man esquerda ata pasar o vello rio lenguelle que vertebra estas terras agrarias de oroso, ordes trazo, se seguimos hacia castelo, temos outro sitio non tan antiguo pero si peculiar, de vellas reminiscencias das tabernas du rural. A xente de trazo bautizouno como o arajanei. E a tipica casa de esquisto das agras santiaguesas, donde podes tomar unha cunca de viño na mesma cociña donde se fai de comer, ou no salon o caron dunha enorme lareira, sentado no vello escano, escoitando como crepita a leña a arder, e vendo colgados a secar os chourizos caseiros e o unto.