Gosto moito dun xénero ben difícil: a crónica nocturna. É tan complicado trasladar as aventuras da noite da cafetería á pantalla ou o papel públicos que os mestres no tema teñen para min ben de mérito. E non hai moitos que se atrevan. Disfrutei moito das crónicas do magacín de fin de semana do Expresso, cando o seu director se atrevía a facer crítica da noite de Lisboa e superaba o doado da etnografía de xénero con toques de sinceridade -ou ficción- moi persoal que se adentraban sen rubor, con elegancia e ironía case de xénero negro na excesiva clase alta patricia, nalgúns restrinxidos locais do Bairro Alto ou no aire cervexeiro dos chiringuitos do Algarve. Na rede hainas, ben irregulares. Gústame AfterHours City, con crónicas de Boston, Chicago, Los Ángeles, Miami e Nova York.

Un comentario