plumas e secretos

Last updated on 23 / Xaneiro/ 2006

Faime caso: se podes, pasa por A Caldeira de Pedro Boteiro (rúa de San Pedro, máis enriba d’O Dezaseis, Santiago) e, de atopar sitio, pide plumas e secretos. Esta xente -coñecerás ao camareiro porque foi o modelo da campaña de Nadal da Praza de Abastos- refundou o antigo Zarralleiro da Algalia e abríu grella de asador que busca ser ben diferente. Conserva do anterior os seus mañosos rissottos e a liberdade creativa coas ensaladas e experimenta con novos cortes de carne: esas plumas e eses secretos que son ben sabrosos e divertidos. Moi ben de prezo e como único pero, a limitación case abisinia da carta de viños. Un lugar para pasar un moi bo rato.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *