mutuo amor

Última actualización o 17 / Xaneiro/ 2006

Non sei por que estraña tradición os actos culturais galegos pechan sempre con música clásica. Pero os uns non se entenden sen a outra. O mesmo acontece en Cataluña, só que con jazz, e un saxo, que queda máis urbano. O certo é que, ao mesmo tempo, estas musiquiñas interpretadas en vivo provocan en min unha automática reacción de recensionalas nesta bitácora, eu que case non escoito música clásica. Será para quedar de culto, ou algo así -xa sei que sodes moi intelixentes e non vai colar. ;-) De todos os xeitos, unha explicación desta adicción a reseñar peciñas de remate de acto pode ser que os intérpretes seleccionan obras curtas e de gusto moi persoal e íntimo: para os profanos son descubertas ás que seguro que non chegariamos doutro xeito.

O caso é que o outro día agasalleime na presentación de Rinoceronte Editora, un dos proxectos editoriais máis refrescantes da tempada en Galicia. O músico Xurxo Varela resucitou das notas dunha viola de gamba á pantasma do Capitán Tobías Hume, un mercenario inglés do XVI-XVII, combatente ás ordes do Rei de Suecia, do Emperador de Rusia, martelo de independentistas irlandeses e primeiro compositor da viola de gamba (a orde destes méritos poñédea vós). Este home atípico asumíu a música coa liberdade de ser dos poucos músicos independentes, que non compuñan para vivir, coa independencia dun autodidacta e co morro dun tunante.

Di Stephanie Marshall:

Sus dos obras mayores fueron publicadas en Londres en 1605 (Musicall Humors o The First Part of Ayres, para viola de gamba sola) y en 1607 (Poeticall musicke). La primera es un manuscrito de un centenar de piezas a cuál más extraordinaria, que tienen un carácter autobiográfico evidente, algunas de las cuales están directamente ligadas a su carrera en la armada (A Souldiers Resolution, A Souldiers March, A Souldiers Gaillard…). Hume utiliza todos los recursos del instrumento para producir los efectos sonoros originales (batallas, trompetas, tambores), si bien la mayor parte de sus composiciones están directamente ligadas al arte de la improvisación.

A bravura compositiva de Hume descrébea el mesmo no prefacio á impresión da súa Poeticall Musicke -adoro este inglés barroco-:

I Do not studie Eloquence, or professe Musicke, although J do loue Sence, and affect Harmony. My Profession being, as my Education hath beene, Armes, the onely effeminate part of mee, hath beene Musicke; which in me hath alwaies Generous, because neuer Mercenarie. To praise Musicke, were to say, the Sunne is bright. To extoll my selfe, would name my labours vaine-glorious. Onely this, my studies are farre from seruile imitations, I rob no others inuentions, I take no Jtalian Note to an English Dittie, or filch fragments of Songs to stuffe out my volumes. These are mine owne Phantasies expressed by my proper Genius,

Un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *