
Nunha primeira apreciación sobre Windows Vista, o novo sistema operativo de Microsoft que substituirá a XP, agrándaseme unha sospeita que xa viña tendo nos últimos tempos: a política da multinacional con respecto a Internet está en profunda revisión. Algunhas das ideas de Gates sobre o que ten que ser Windows potenciaranse en gran medida nesta versión, especialmente as concernentes á centralización do entretemento. Vista tentará unificar a xestión de contido audiovisual no fogar. Pero o home máis rico do mundo nunca tivo un discurso demasiado elaborado do que tiña que ser a sociedade da información, no que hai xente rápida, sagaz, con pouco que perder en moitos casos, que lidera a innovación. Pequenos ananos que aparentemente botan cordas sobre o corpo do Gulliver informático.
Nesta nova versión, a penas hai titulares en relación ás capacidades de Vista en relación a Internet. Exceptuando a necesarísima revisión do Internet Explorer e unha maior converxencia das aplicacións de rede. Que Microsoft abandone este campo de batalla en beneficio da suposta seguridade do entretemento de fogar -onde a competencia é atroz coas consolas, Apple, os DVDs con disco duro, etc.- non deixa de ser, ao meu ver, moi perigoso para o futuro desta compañía. No horizonte comezan a flotar os primeiros pasos de sistemas operativos construídos directamente en liña. E isto contando con que as incursións de Microsoft no mundo dos contidos domésticos nunca foron, tampouco, especialmente satisfactorias dende o punto de vista comercial.

En principio, a Microsoft, sempre lle hai que supoñer un as na manga que lle permita conservar o seu liderazgo, pero si que parece que ultimamente eses ases están moi ben gardados…
A min o que realmente me extraña é q estea apostando tan forte pola industria do “salón” descoidando o seu “terreo natural” sobre todo despois do relativo fracaso que supuxo a Xbox, en boa parte polos comprensibles erros dunha empresa novata nun campo tan jodío como o das videoconsolas.
Menos comprensibles son os fallos que presenta a XboX 360, segundo intento do seu ambicioso plan. Que se hai dúas consolas diferentes, con/sen disco duro, con/sen conexión a internet (se son 2 puntos tan importantes da túa política ¿pk non o pós de serie e punto), q senón se pode xogar ós xogos da XboX orixinal, q se segue co DVD fronte ó BluRay da PS3…
Por outra parte, non está claro aínda para que vai servir realmente esa compatibilidade co Windows Media Server, que se vende como o seu gran atractivo…
Da a impresión de que non se dan conta de que non van conquistar o salón por que si só co seu nome. (e que a xente cambie o chip e meta a microsoft debaixo da tv tampouco vai ser tan fácil…)
Completamente de acordo. A ver, dende o W98, Microsoft esforzouse en enfatizar as compoñentes multimedia do sistema operativo. Lembro declaracións de Gates na presentación do Millenium nas que xa falaba claramente do fogar como grande obxectivo. Efectivamente, anos despois, e cada vez máis, o ordenador é un importante xestor multimedia pero aínda non é o “centro da experiencia de entretemento”.
Creo que camiñamos para aí. Cara hardware unificado, coma os DVDs gravadores con disco duro. Pero a estratexia de Microsoft é desenvolver un xestor de sofware e o software é onde todo o mundo está aprendendo a xogar ben. Fixémonos, por exemplo, coa famosa Guerra de Windows Media. Microsoft xa pensara antes que Apple un reprodutor con plataforma de descarga electrónica de pago, preparara a tecnoloxía dos Digital Right Management (DRM), fixera a gran operación de márqueting e…fiasco. Logo chegou Apple aprendeu de Microsoft, lanzou esa cousa sinxela que é o iTunes e bingo!
Pero, insisto, dáme a sensación de que é unha retirada aos cuarteis de inverno mentres que Google proba a preparar a entrada no terreo de Microsoft. Ou iso, ou como ti dis, e agardan a algún outro movemento dos peóns brancos de Google.
http://www.apple.com/es/macosx/features/