a fatalidade informática

Creo -aínda que non penso recoñecelo en público- nunha misteriosa nube de electróns fatalmente polarizados que en momentos determinados provoca fenómenos informáticos aparentemente sen conexión. Quen traballe nun sitio con moitos ordenadores, pode ter unha idea do que estou falando. Nun mesmo día, despois de meses de calma, casca un disco duro, rebenta unha tarxeta gráfica, falla unha tarxeta de rede e a outro ordenador a placa base provócalle revirados reinicios continuos. Non me digan por que. Non ten explicación. Ocorre igual cos correos electrónicos. Hai unha sorte de pulsión global que provoca que uns días, persoas de todo o globo con pouca relación entre si golpeen á porta do teu buzón de correo.

Ando no medio dunha destas subas de tensión global: ao meu redor casca a pila interna da placa base dun Apple Titanium -mira que debe ser difícil iso!-, o disco duro dun HP Pavillion parece crioxenizado, unha PDA GPS fica conxelada na pantalla de inicio, un pendrive de 512 mbs fenece, un iPod Shuffle non se comunica co iTunes. Por suposto, coincidindo coa costa de xaneiro. E co abandono absoluto de Telefónica e o meu ADSL, que está de vacacións por algures.

Se cadra, James Lovelock podería completar a teoría coa miña experiencia. :-)

5 Comentarios

  1. Anónimo
    11 / Xaneiro/ 2006

    home a iso se lle chama estar de sorte.
    merca loteria que ese dia toca…
    jajajajjaa
    asinado: o vello da montaña

  2. 11 / Xaneiro/ 2006

    Vello da montaña! Se queres que lle faga unha imposición de mans a ese disco de backup! XD

  3. Anónimo
    12 / Xaneiro/ 2006

    CheXire:

    Iso non se chama “misteriosa nube de electróns”.

    Chámase ser gafe

  4. 13 / Xaneiro/ 2006

    Estimado Chexire: vostede aínda é moi novo. Xa lle chegará o momento de ver coincidir o parón dun reloxio de man, o ‘cuelgue’ dun programa que onte ía perfectamente e que hoxe non arrinca e o sobrequentamento do motor da batidora, todo en menos de 24 horas.

    O gafismo é un atributo universal. :-)

  5. Anónimo
    14 / Xaneiro/ 2006

    Chexire:

    O que pasa é q somos uns putos explotadores e as máquinas comezan agora a cuestionarse a súa xornada laboral.

    Calquera día destos poñense en folga e con piquetes y nos vamos todos a la mierda…

    ¡Arrepentíooooos!

    (cando pasan estas cousas, sempre penso en Stallman como un dos predicadores con greñas que advertía do Apocalipsis na “Vida de Brian”)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *