a árbore da vida, en vinilo

árbore da vida

A árbore da vida n.0. Versión de Antoine Andiau e Manuel Warosz en vinilo para domestic.fr.

L’arbre porte en lui la symbolique de la vie. Il germe, pousse, se ramifie, abrite de nombreux habitants. Nous avons voulu transposer cette vigueur et l’appliquer sur un support domestique. À partir d’un vocabulaire graphique de base, on peut construire son propre arbre et personne n’aura le même.

Antoine Andiau et Manuel Warosz travaillent aussi bien dans l’univers de la culture que dans celui de la mode. Leurs projets futurs les conduisent de plus en plus à s’intéresser au design pour la maison.

Gosto moito de pararme nas obras de novos edificios que se fan nas cidades. Busco os papeis de parede que fican adheridos na parede anexa aos vellos edificios derrubados, as sombras manchadas de escaleiras xa desaparecidas ou dos forniños de cociña sobre o edificio en pé ao carón do derrube. Eses vellos papeis de parede, repetitivos, abstractos, con rocambolescas flores turcas, foron a achega burguesa á vella tradición humana de encher as paredes domésticas con simboloxía pracenteira. Ao velos, desprovistos da súa dimensionalidade, como farrapos destinados a desaparecer, un imaxínase vidas desaparecidas de oficinistas orelludos e de viúvas delgadas con gatos negros e gramófonos con disco único.

Domestic mestura este vello ritual privado a través do vinilo e reinventa o concepto de papel de parede, de wallpaper. Os seus debuxos para aplicar nas paredes son personalizábeis, mesturábeis, non especialmente definitivos. A combinatoria de pequenos elementos converte cada espazo en único.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *