Ao meu marabilloso iMac G3 DV Apple deshauciouno despois de lanzar o seu Mac OS X, o seu novo sistema operativo tan cuestionábel. O MacOS X requería un mínimo de 256 mbs de RAM para comezarmos a falar e o meu ordenador tiña mellores cousas que facer. Dende entón, o pobre iMac tivo que ver como, pouco a pouco, as actualizacións de software ían desaparecendo ata converterse nun paria das redes, incapaz de admitir os cutrebanners en flash dos cibermedios.
Xa que Apple non está interesada na permanencia das súas máquinas, decidín resucitar o potente hardware desta preciosa máquina coa boa xente de Linux. E aquí está, vivo, coleando e disposto a dar moitísima máis guerra. Probei unha distribución moi amigábel chamada Ubuntu, e cargueime o sistema operativo de Apple. Ubuntu vén con todo: navegador (Firefox), xestor ofimático (Open Office) e editor de imaxes (The Gimp) e para instalalo non hai que falar liñadecomandos nin nada polo estilo. Vai como unha moto, aínda que ten os seus máis e os seus menos para a instalación dos protocolos de rede e a relación cos routers ADSL, pero nada que non se supere cun pouco de paciencia.
A cambio, Macman volve ser unha potentísima máquina. E agárdanlle anos bastante intensos nun destino novo.

Non sei que me da recomendarlle unha páxina a alguén que fai da navegación pola rede o seu traballo, pero aí vai:
http://www.guia-ubuntu.org/breezy/doku.php
Un sitio que para que se che faga menos duro trastear na configuración do Ubuntu. Pobre cacharro, tantos anos co OS de Apple e seguro que nunca lle houbo que tocar un só arquivo de configuración…
Divírtete con Linux e un saúdo
oteixugo
Moi agradecido!