Activism
Blogs
Coffee
Design
Entertainment
Family
Galicia
Hear
Illustration
Journalism
Kaleidoscope
Loooove
Music, of course
Notebooks
Open air
Paper
Quip
Run
Sea
Trave
Urban art
Vj
WWW
XXX
Yeah
Sempre tiven a sensación de que Álvaro Valiño é un tanto marciano, como se pertencera a outro mundo. Porque Valiño non só é un dos mellores deseñadores gráficos de medios de aquén dos Pireneos -coido que non se coñece máis por fóra simplemente polo inxusto feito de que non traballa nunha cabeceira madrileña- senón porque está a un nivel considerábelmente superior ao habitual nas grises e aburridas calidades gráficas da prensa galega. Como non lle chega, Valiño métese a moitas máis historias creativas. Esta lista, formato tan propio de xogo blogueiro de fin de semana, vale para meterse un pouquiño nesa cabeciña privilexiada. É divertida a combinación de ‘ferramentas’ coas que indica que elabora as ilustracións, e que se pode ver no seu showroom.
Oro puro, señora.

Be First to Comment