baldíos de corrubedo

corrubedo

Rebuscando hoxe entre os arquivos de imaxes para un pequeno contido, atopeime con esta preciosa, dignísima rubia do país. Durante séculos, o terreo areoso que rodea a lagoa de Carregal, en Corrubedo, foi empregado para alimentar ao vacún da máis vella aldea da zona: Bretal. En Bretal, os mortos pobres soterrábanse decorando a terra da tumba con cunchiñas; aínda se pode ver hoxe na igrexa parroquial. As vacas continúan pastando nos lindes do parque natural, pero o modo de vida xa cambiou de xeito definitivo. Pasear por ese terreo areoso, cheo de prantas supervivintes, de paxaros miúdos, de xunqueira laberíntica, aínda é hoxe unha sorte. Como me dixo un amigo: “é un lugar para estar calados”. Vai aquí un silencio respectuoso, pastando a vaca, en silencio eu, nestas campas de Carlomagno nas que se enredaron no labirinto das augas miles de cabaleiros pagáns.

7 Comentarios

  1. Anónimo
    17 / Novembro/ 2005

    Bonito post, coma sempre. Escribo coa letra calada para non romper o silencio.
    Saudos de Acedre. //eueoseeuu.blogspot.com/

  2. Anónimo
    18 / Novembro/ 2005

    Pois moitas grazas, Acedre. Por que eueoseeuu?

  3. Anónimo
    19 / Novembro/ 2005

    E un xogo de palabras ou un trabalinguas.
    Significa EU E OS EEUU. E que dicir iso, eu e a minha vision dos EEUU mentres vivo neles.
    Acedre e a parroquia de Panton en Lugo onde naceu minha nai e queda ben de alcume.
    Un saudo e repitome dicindo que me encanta o teu blog polo variado e interesante e a forma de contar todo.

  4. 19 / Novembro/ 2005

    jajajajajaj! e mira que lle din voltas ao nome do teu blog e non conseguía saber a que se refería!

    Estou preparando un contido sobre pintura mural. En Pantón non había unha igrexa con pinturas románicas?

  5. Anónimo
    20 / Novembro/ 2005

    Panton esta na Ribeira Sacra. En San Miguel de Eire hai unha igrexa romanica e creo que ten pinturas romanicas. Non me fagas muito caso que escribo facendo memoria.
    Tamen esta a igrexa de San Fiz de Cangas e a de Pombeiro.
    Vamos, que non hai falla de igrexas romanicas na zona pero creo que a de Eire e a que ten os murais.
    Un saudo e espero que servise de algo a minha informacion.

  6. karl
    17 / Decembro/ 2012

    Ola,

    A vista non é da lagoa de Carregal, senón da de Vixán (ou Amendo). a zona que se ve chámase campos de Amendo, probablemente nome de orixe xermánica, como Mendo

  7. Pepe
    22 / Agosto/ 2017

    Amendo parece que ver de Amenetum, lugar de ameneiros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *