confesións dunha illa

faro

Non o dubides: cando teñas un momento le A pel fría, de Albert Sánchez Piñol (Edhasa, 2002). Recomendado se che gusta catar unha eficaz mestura de Conrad, Stevenson, Lovecraft e os intereses antropolóxicos, nun contexto de horror e ciencia ficción. O argumento deste vibrante best seller da literatura catalana é, aparentemente, un clásico: un ex militante do IRA decide marchar de Irlanda nos primeiros momentos da independencia nacional, e consegue un traballo de técnico atmosférico dun remoto e supostamente deshabitado illote do Atlántico Sur, preto da Antártida. Pero xa no lugar descubre que non está só. E comezará unha dura e complexa loita pola supervivencia. Hasta aquí puedo decir. O resto paga tanto a pena que sería un destrago que non o descubriras por ti mesmo/a.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *