Hai un ano, as vitrinas deste restaurante estaban cheas de fotos de políticos do Partido Popular poñéndose as botas. Manuel Fraga figuraba nunhas cantas -algunhas asinadas- co chef-dono. Nun recanto, víase unha foto de Fidel Castro, deitada.
Ao volver por alí, quedamos pasmados.
Todas as imaxes dos políticos populares, incluíndo ao omnipresente Fraga, desapareceran. E a foto de Fidel papando a dor -supoño que mentres non se consegue outra de persoeiro máis convinte-, ampliada con respecto á anterior, preside a entrada do refectorio.

Sé o primeiro en comentar