
No ano 2004, Philips lanzou o seu proxecto “Sentido e simplicidade“. O obxectivo era mellorar os tempos de aprendizaxe e a ‘utilidade’ dos nosos obxectos cotiáns. Esta operación introducía unha combinación ata agora non demasiado practicada polos grandes fabricantes de electrodomésticos: conciliar un elaboradísimo deseño estético co practicismo máis descarnado. Da cociña de Philips en Amsterdam saíu esta sorte de invernadoiro: o “Herbarium”, un concepto de deseño que facilita o cultivo de prantas de cociña ata o máis tullido. O Herbarium xenera microclimas específicos para cada pranta que son monitorizados de xeito continuo e de xeito intelixente, recreando deste xeito condicións para a vida e mesmo detectando o momento idóneo para a recolección.
Vía inhabitat

Be First to Comment