o punto exacto do suicidio

Last updated on 12 / Novembro/ 2005

golden gate

Este infográfico é realmente excepcional. ¿Sabes de que se trata? Este é o Golden Gate de San Francisco, unha das pontes máis espectaculares do mundo. E as raias negras que suben e baixan da liña vermella da ponte son o número de suicidios levados a cabo ao longo da construción. O Golden Gate é unha temíbel viúva negra: máis de mil persoas matáronse ao longo da súa historia. O máis sorprendente é a multiplicación de mortos nun punto concreto desta ponte: a farola 69. Vedes como a liña negra se dispara cara abaixo. ¿Por que? O SFGate, un diario local da área de San Francisco, elaborou un especial analizando toda a casuística dos suicidios, e descubríu a combinación mortal. Se miras a banda sur da ponte, descubres o sentido práctico do suicida: trátase dunha beirarrúa para peatóns, un lugar tranquilo, porque a banda do norte é un carril bici. O segundo motivo provoca calafríos: dende a farola 69 divísanse as mellores vistas da Baía de San Francisco. A beleza chama á morte.

Agora entendín, por fin, os medos de Odiseo ao fuxir de Circe.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *