os fríos túneis da Guerra Fría

Unha recente investigación da policía serbia “sobre a misteriosa execución de dous soldados revelou a existencia baixo Belgrado dunha rede secreta de túneles e búnkeres da época comunista que puideron ter servido de agochadoiros para algúns dos criminais de guerra máis buscados do mundo…” O complexo de dúas millas cadradas foi construído por Tito a finais dos 60 nunha área rocosa e a súa existencia ata o momento só era coñecida por vellos comandantes e políticos”.

Tito era un curto de miras.

No Reino Unido, o goberno está a pór a venda o que sería a capital da nación de haber unha guerra atómica e ser arrasada a illa. Contaba cun estudo da BBC, un pub, estancias para o Primeiro Ministro e a Familia Real, así como para outras máis de 4.000 persoas… Na guerra fría, os poucos supervivintes dun ataque soviético en Inglaterra estarían condenados a vivir nunha enorme cidade subterránea a 35 metros baixo terra que podedes ver aquí:

Vía BLDGBlog

Non me digades, por certo, que non é cuspidiña ao Quake.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *