Escoitarás marabillas de Flores rotas. Voucha describir: imaxina que fas unha tortilla con moi boas patacas. Frítelas primeiro, e quedan con ese riquísimo toquiño crocante. Mestúralas co ovo, quéreslle dar ese toquiño de crú que tanto che gusta e ao darlle a volta fas unha auténtica escachadela. As patacas quedan mal ligadas, o ovo sen cocer o máis mínimo e o resultado final é un desacougante revolto.
Pois así é Flores rotas. Un excelente Bill Murray, unha profesional Sharon Stone desaproveitada para o guión, unha enxeñosa sucesión de encontros deslabazados entre si. Que magoa!

Sé o primeiro en comentar