Paseamos pola multitudinaria feira de Padrón dos domingos. Reatopámonos entre os queixos, os chourizos recén feitos, os vapores graxos do churrasco, a verdura recén cortada:
–Internet estaba durmíndose -din o Vello da Montaña e Sao Mai– pero agora estase movendo todo de novo, é un momento totalmente interesante.
Soa un tanto absoluto, pero quedo pensando na diferencia de épocas. A primeira revolución de Internet foi a tecnolóxica: software, hardware, linguaxes, primeiros pasos, apalpadelas.
Este segundo cambio é realmente o interesante dende o punto social: Internet comeza a ter unha masa crítica ampla, a innovación tecnolóxica desprázase cara a xestión do inxente material dixital producido por humanos cada vez máis gadgetizados. Unha vez liberados da carga da aprendizaxe da tecnoloxía, comeza a Internet das persoas.

¿e onde mellor se pode falar do futuro de internet que entre pratos de polvo á feira e churrasco?
Uppssss, olvidei asinar:
Sao Mai
mm.. thank you man