Rematando un proxecto que espero que vexades dentro de pouco, atopeime en Google Earth con esta imaxe. Fixádevos ben: é o tradicional minifundio galego, pero está cheo de puntos negros. Chámanse cousos, e son unhas estruturas agrarias tradicionais no sudeste da península do Barbanza, ou sexa, a zona de Aguiño e Carreira. Trátase dun área bastante extensa na que a penas hai correntes de auga, co cal o regadío das terras era un auténtico problema. Os cousos eran pozos que permitían almacenar auga que valía para aliviar as escasezas da seca do verán e mesmo ata o inverno. As neolendas barbanzás sitúan nalgúns cousos foxos de caza prehistórica, e mesmo teño escoitado que dalgún se teñen recuperado puntas de frecha, aínda que non podo confirmar estes estremos.
No Leste de Galicia, pola contra, os cousos eran foxos medievais destinados á caza do lobo que aínda están pendentes de recuperación.

Sé o primeiro en comentar