Windows Live, o novo lanzamento de Microsoft, pretende ser o competidor dos novos agregadores de contido nos que Google ou Yahoo! levan algún temp0. Aínda que está nunha versión beta, o Live de Microsoft amosa claramente o seu futuro: concentrar servizos xa ofrecidos pola compañía -Messenger, Hotmail. Como novas características, agrega fluxos RSS, información metereolóxica e outros gadgets, baixo os parámetros da flexibilidade e personalización. En Techcrunch explícano bastante ben. Curiosamente, esta beta de Microsoft é cuspidiña a Start.com e está desenvolvida en Ajax -esa combinación de java e XML á que xa me teño referido.
O que non entendo é esa estraña asociación nielseniana pola cal as aplicacións que queren ser moi usábeis teñen que ser tan parcas de deseño. Dubido moitísimo, e non son o único, en que a eficacia destes webs mellore especialmente con configuracións gráficas tan espartanas.

Be First to Comment