os browns laborais da ciencia

En Popular Science elaboran un ranking dos peores traballos da ciencia:

1. Ratas de laboratorio humanas. A moda agora é testear química da I Guerra Mundial e ver que se pode aproveitar das súas condicións de parálise nerviosa para os raticidas. Mmmm!!

2. Inspector de abono

3. Profesor de bioloxía en Kansas. Lembremos: o Estado onde se prohibíu ensinar a teoría da evolución.

4. Escavador de microbios “extremóphilos”. Nunca o éxito foi tan pouco doce.
“Take some of the most dramatic shoreline you can imagine: seabirds, gigantic mountains and volcanoes—truly dramatic. Now imagine that you are on this beach tightly surrounded by 100 overweight and extremely flatulent people,” Ron Oremland says of Mono and Searles lakes in California, where his U.S. Geological Survey team has been working for years.

5. Científico de armas nucleares.

6. Vulcanólogo.

7. Limpador de semen. “Un traballo que distingue aos nenos dos homes”

8. Benefactor de ONGs científicas que fai turismo científico“[Nese pantano os mosquitos] morderon recentemente a un tipo e deixoulle un bocho do tamaño dunha pelota de golf na fronte”, di o bioxeógrafo Peter Kershaw […]. “Algunhas veces os ollos da xente inchan ata pecharse. Ocórrelles habitualmente aos británicos, e non sabemos por que. […] ás veces xogamos a un xogo chamado Reconto de páxinas: “Ti pechas o teu caderno tan rápido como podes e miras cantos mosquitos matas”, explica Kershaw, “coido que o récord é 56 mosquitos dunha tacada”

9. Bailarina de probas da NASA.
Basicamente, bailar un tango cun robot para demostrar a sensibilidade dos seus sensores de movemento. (ver vídeo)

10. Recolector de mexo de orangutáns.

Vía Boing Boing

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *