Última actualización o 29 / Outubro/ 2005
-Comezamos o curso en Boiro -díxome Curricán- e preparamos todo un despregue de tecnoloxía para impresionar aos rapaces e así motivalos máis a meterse a coñecer o medio natural. Xa sabes: powerpoints, equipos de xeoposicionamento acoplados ao portátil, fotografía satélite, gravadores de audio exterior…pero a nosa sorpresa é que a eses adolescentes non lles impresionaba nada. Nós alí que pareciamos o Inspector Gadget e os tipos que estaban como se aquelo fora o pan de tódolos días.
Curricán quere sempre compartir máis que ensinar.
-¿E sabes que? -continuou- Cando fixemos a primeira saída ao monte, atopamos unha ra de San Antón. Collímola para que puideran examinar a súa anatomía, e van os tipos, ¡e non debecen por tocarlle a pel! Tiñas que ver a quince adolescentes pasotas, coas bocas abertas e pasmados, rozando a pel da ra con todo o coidado do mundo por medo a mancala. A tecnoloxía dáballe igual: o novo para eles era o máis vello do mundo.

Sé o primeiro en comentar