os primeiros dominios

¿Cales pensas que foron os primeiros dominios .com rexistrados da historia?

sex.com? music.com? madonna.com? cocacola.com?

Estamos falando de marzo de 1985. De aquela, cando se comezaron a rexistrar os .com. aínda non existía a World Wide Web aínda que, por suposto, Internet xa era unha ferramenta de traballo nalgunhas empresas. Aquí podes ver unha lista dos cen primeiros dominios .com rexistrados no mundo, da que tiro aquí os 20 primeiros:

1. 15-Mar-1985 SYMBOLICS.COM
2. 24-Apr-1985 BBN.COM
3. 24-May-1985 THINK.COM
4. 11-Jul-1985 MCC.COM
5. 30-Sep-1985 DEC.COM
6. 07-Nov-1985 NORTHROP.COM
7. 09-Jan-1986 XEROX.COM
8. 17-Jan-1986 SRI.COM
9. 03-Mar-1986 HP.COM
10. 05-Mar-1986 BELLCORE.COM
11. 19-Mar-1986 IBM.COM
11. 19-Mar-1986 SUN.COM
13. 25-Mar-1986 INTEL.COM
13. 25-Mar-1986 TI.COM
15. 25-Apr-1986 ATT.COM
16. 08-May-1986 GMR.COM
16. 08-May-1986 TEK.COM
18. 10-Jul-1986 FMC.COM
18. 10-Jul-1986 UB.COM
20. 05-Aug-1986 BELL-ATL.COM
20. 05-Aug-1986 GE.COM

Sorprende a candidez. Practicamente tódolos rexistros pertencen ao sector tecnolóxico. O negocio aínda estaba por vir.

Vía Google Blogoscoped.

4 Comments

  1. Anónimo
    20 / Outubro/ 2005

    Un 3% destas vinte primeiras non superaron a crise das .com :D e algunha que outra mudou o seu…

  2. 20 / Outubro/ 2005

    ..hai mesmo quen está disposto a ofrecer a súa en venda…mal sabían eles!

  3. 17 / Febreiro/ 2008

    But either britney spears nude pics she had dedicated raining absolutely to pinching out with her best friend, blearily if candle reliant happened between them.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *