O frio vai chegando pouco a pouco. Está ben, que se defina dunha vez. Neste tempo, a inspiración comeza a botar fume, ou mellor dito, vapor, e as fiestras das casas do país énchense da condensación de inverno que provocan caldos, cocidos e pucheiros nas cociñas. Para este tempo, dous viños de potencia, para comer cun plato forte, rotundo e abundante: Cyan, unha preciosidade de Toro, feita por Bodegas Caranza; aínda máis forte e máis rotundo é o Adabal 3.9, feito no Pla de Bages, un viño complexo feito a partir de Cabernet e Syrah, se cadra excesivamente caro para o que ofrece, pero un ideal compañeiro deses pantagruelismos patrios.

Be First to Comment