les terrasses

campo

Les Terrasses. Este agasallo que nos fixeron estivo agardando na cociña un tempo, un tanto esquencido. Cunha discreta etiqueta, un día abrímolo con presa mentres falabamos doutras cousas, servimos de xeito maquinal e continuamos camiñando polos corredores. Brindamos mentres nos sentabamos, con outras cousas nas mans, e dimos un primeiro sorbo.

Carallo.

Levei as mans para a botella para saber que é o que estaba pasando. Les Terrasses 2002, Priorat. Nesta pequena comarca de Tarragona, unha minúscula denominación de orixe, alguén estaba facendo viño de moita altura. Les Terrasses ten o grado xusto de acidez, un sabor que enche toda a boca e un bouquet excelente. Combina a festa de padal dos viños mediterráneos cun percorrido longo, unha envoltura danzarina, na boca. Ao investigar máis, descubrín que Las Terrasses é a irmá pequena dos viños de Álvaro Palacios, un dos anovadores do viño nesas terras. As irmás maiores de Les Terrasses son Finca Dolfi e, especialmente, L’Ermita, dous viños moi limitados en produción e cotizadísimos no mercado mundial do viño. Ata o punto de que o propio viño é obxecto de investimento, de especulación e a súa evolución na propia finca é seguida con minuciosa atención polos fans. En xeral, esa comarca parece unha mina sacando e sacando barrís ao exterior: a un prezo moi asequíbel, por exemplo, está o estupendo Scala Dei, tamén feito a partir de garnacha, e cun punto elengantísimo.

Apunto unha visita ao Priorat a ver o prodixio en vivo.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *