En La 2 parecen tratar en profundidade e con rigor o auxe das bandas xuvenís de orixe latinoamericana no Estado español: Latin Kings, Ñetas, etc. que, en palabras de Pedro Piqueras, “son un problema crecente que preocupa a moitos cidadáns”. Mentres os debatentes discuten, os monitores do fondo presentan impresionantes documentos gráficos: axustes de contas, apaleamentos en vivo, escarificacións, homes tatuados tralas reixas dunha cadea.
Só un pequeno detalle: esas brutais imaxes que se amosan mentres os expertos profundizan no fenómeno español foron gravadas en Centroamérica, non en Europa.

Sé o primeiro en comentar