Chego a DF. Esta megalópole, a cidade máis grande do mundo, pérdese na vista. Dende a miña fiestra, as luces deste monstro urbano pérdense no horizonte. Polo día, este mundo de casas baixas non ten fin e dilúese na nata, que é como lle chaman aquí á monstruosa nube de contaminación que habita aquí. Pero a cidade está chea de vida, de vida mestiza, de aromas fascinantes e de sorpresas continuas. Vémonos dentro duns días. :-)

Sé o primeiro en comentar