Na terra quente, a muller é obxecto de desexo incontrolado. Nos nosos garitos de Ordes, de Boiro, de Touro, as mozas entran sen pagar ás discotecas para facer atractivo o local aos machos que consumen barra sen freo e enchen caixa. En México, o mecanismo é máis sofisticado: as mozas dispoñen non só de entrada gratis, senón de barra libre gratis. Nun antro jarocho, a bravura gandeira deste ritual de apareamento é sofisticado ao máximo. Por tres horas, de 9 a 12, as mulleres teñen barra libre á súa disposición, litros de alcol, e ningún home pode entrar ao local. No exterior, amoréase unha manda inmensa de voitres de colonia barata agardando a que abran as portas do local e así tentar darse un festín de carne adobada.

Be First to Comment