rumoroloxía

Compostela, esta capital, está sepultada pola choiva, pero non é diferente a tódalas pequenas capitais do mundo ao longo da historia: cando o señor tuse, ata o último vasalo saca o pano e soa os mocos.

Estes días, a cidade é un caldo de rumores relativos á conformación do goberno e a enxeñaría dos trasvases laborais. Metidos coma un tumor por todas partes, os rumores aparecen ás dúas da mañá en calquer bar, escóitanse ao carón na cafetería do almorzo, métense polos fíos telefónicos e crúzanse nas rúas. Sempre dixen, por exemplo, que o Preguntoiro é unha das rúas máis rumorófilas do país, e non hai máis que pararse nun escaparate e deixarse escoitar para que te chegue o conto, co seu cheiro particular, que eu sempre vin como un laio frustrado do difamador ou transmisor. A Z., por exemplo, o novo goberno deixouna sen a metade dos compañeiros de traballo, para o seu abraio. Entre copas, afirma sorprendida:

-Unha comeza a pensar por que chaman a San Caetano a todo o mundo menos a ti.

Un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *