o mar de madeira

Un día, ao xefe de policía Francis Mc Cabe aparéceselle un can vello de tres patas. Frannie é comisario nunha pequena vila do estado de Nova York e protagonizará unha surrealista busca e aventura a través do tempo.

-¿Como se rema nun mar de madeira? -di unha das personaxes.

O surrealismo de Jonathan Carroll, en Un mar de madeira, promete moito. Se un aínda cre nas lapelas dos libros, pode descubrir como Gaiman gaba a técnica deste escritor. Os primeiros capítulos son unha divertida combinación de novela negra -con esa puntillosa técnica tan norteamericana de definir a persoas e cousas polas marcas que visten ou levan-, ingredientes surrealistas e instrospección familiar. Pero despois o argumento ensaríllase, as personaxes perden propósito e a diversión remátase con esa tendencia -tamén tan da literatura norteamericana- de tentar buscar lóxica racional ao imposíbel. Unha mágoa.

E xa creo algo menos nas lapelas dos libros.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *