barrio con gracia

As festas do barrio de Grácia, en BCN, son pura exaltación mediterránea. Os veciños de cada rúa visten o seu espazo público de xeito orixinal, reciclando e compoñendo figuras. Moitas destas rúas tamén contan con minúsculos escenarios onde grupiños de rapaces imitan a Coldplay entre esta calor húmida. Ceamos caldo tibetano, con Rubén, un mestre dos contos “dixitais”, é dicir, contos relatados cos dedos das mans. Non o nego: envexo esta vitalidade imparable que vexo polas rúas, que fala dun progreso inusitado, pero o meu lado máis nórdico tamén agradece a tranquilidade –ás veces debería dicir adormecemento- dos barrios galegos.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *