Last updated on 14 / Agosto/ 2005
Un tempo de invernia, a chuvia constante, e os paramos son branhas inmensas. As Highlands son como a serra do Barbanza, pero sen toxo. Refuxiamos do trebon en Glencoe, unha zona de forte montanha e rutas. Facemos unha subida rapida ao Ben Nevis, o pico mais alto das Illas Britanicas, baixo unhas duras condicions metereoloxicas: a bretema pecha a luz do sol aos 800 metros de altura e a partir de ai tratouse de atoutinhar, buscar os milladoiros e resistir coa roupa de veran unha sensacion termica de cero graos ou algo menos. Baixo o Nevis esta Fort William, unha localidade case colonial con ampla rua central chea de tendas de caza, pubs e loxia masonica do XVIII. Pasamos as noites bebendo cervexa das illas Orkney: ese liquido, servido ao xeito tradicional -temperado e sen gas- resulta estranho, pero apetecibel. Ao sair do pub, na noite dun dos horizontes mais belos do mundo, o silencio e absoluto no val de Coe.

Programma dlia rassilki obievlenii na forumi i blogi baza 170 000 forumov i blogov RU programma Xrumer 4.0! Stoimost 50$ ICQ 374551957