Last updated on 14 / Agosto/ 2005
De verdade, hai poucas cidades mais belas en Europa que Edimburgo. Acabamos de chegar, faltanos todo por ver, pero a a silueta do castelo sobre rocha volcanica, a fendedura basaltica chea de xardins, coroada de templetes do XVIII e casas que divide a cidade vella da sua expansion do XIX e, sobre todo, lugares como a Milla Real, a rua que baixa dende o castelo pola cidade vella. Esta chea de vida, saltimbanquis, representacions improvisadas de teatro. A arquitectura victoriana volvese magnifica, o ambiente e multicultural e excelente e as portas abandonadas quedan tapizadas de carteis de espectaculos teatrais: ainda non comezou o mais famoso Festival de Teatro do mundo e xa todo esta a ferver de xente. Os grupos de amigos pasean disfrazados. Por todas partes, hai xente con monos blancos transportando atrezzo: nesas roupas tenhen cosido a marca de identidade: “Citizen”. Estes cidadans para o teatro construen unha cidade que dispon dunha axenda nocturna que rivaliza con boa parte das metropolis de sona e neste espazo de oportunidades habitar por uns dias e unha delicia, pero tamen un reto.

Be First to Comment