Un hospital sempre é algo triste. Un hospital de paredes suxas, vidros rotos, pintadas, reloxos parados, pegadas de mans graxentas nas portas, merda pendurada das redes das paredes exteriores, é indignante. E iso pásalle ao Cristal Piñor, o hospital provincial de Ourense. É lamentábel que en Galicia sigan existindo instalacións tan terceiromundistas. E a construción da nova ala non é excusa para ter aos pacientes nun recinto como aquel.
Acostumado a unha cidade que parece máis viva durante a fin de semana que durante os días laborábeis, chegar ao deserto ourensán resulta sorprendente. Comemos na Porta da Aira, baixo recomendación de Bob Oe, perto da catedral. Os seus ovos rachados, unha especie de revolto de escalfados, combinados con boa carne e chourizo asado, son un sabroso achado.
Á volta, as nosas cabezas andan metidas a darlle voltas a miles de cousas. É tempo.

MUCHO AGRADECERÍA ME ENVIARA FOTOS DO HOSPITAL DE PIÑOR AL SIGUIENTE CORREO gblancov@intercable.net.ve pues allí murió mi padre.
Desde Venezuela, Maracay, Edo Aragua.
Guillermo Blanco Vazquez.
Los médicos del hospital cristal piñor de ourense en general son muy buenos profesionales.